Entre o 22 e 25 de maio deste ano, os europeos imos ter eleccións para elixir aos 751 eurodiptudados que formarán o parlamento europeo. Deste parlamento saen as políticas que rexirán aos países compoñentes da unión.
A partir desta baldosa e nas seguintes tratarei un pouco este tema, e informarei un pouco dos partidos que concorren ás mesmas.
Os españois eliximos a 54 eurodiputados desos 751.
Un partido político a escala europea é unha organización que sigue un programa político e formada por partidos e individuos de distintos países e por tanto representada en varios Estados membros. Tal e como afirma o Tratado, «os partidos políticos a escala europea constitúen un importante factor para a integración na Unión. Ditos partidos contribuúen á formación da conciencia europea e a expresar a vontade política dos cidadáns da Unión».