27/3/08

BALDOSA 81: A ESTRADA


Foto aérea do centro da Estrada, de fai uns cantos anos, pois aínda está en pé a antiga iglesia. Pódese ver a praza de abastos, a casa dos meus pais, creo que tamén está a cárcere.

26/3/08

BALDOSA 80: PARMESANO

E dende Lugo me chega este anuncio do queso parmesano. É boísimo, sobre todo os disfraces, mirade para o trozo do parmesano.


24/3/08

BALDOSA 79: PONTE COLGANTE


E aquí unha foto antiga da ponte colgate sobre o río Ulla.

BALDOSA 78: MADRID 05

Estamos de volta. Regresamos o 19, e ata hoxe tocou descansar un pouco, despois de tanto pasear pola capital. Por fín sei qué é unha operación saída en Madrid. Nunca tardei tanto (case unha hora) en recorrer cinco quilómetros. Era case o único típico da capital que nos quedaba por probar, hehehe, realmente os que pillan atasco tódolos días para ir traballar non sei como non rematan tolos.

19/3/08

BALDOSA 77: MADRID 04

Hoxe o post é un pouco máis tarde, pero o cansancio destes días puido con un.
Tocounos madrugar un pouquiño, pois ás 9:30 tíñamos que estar no Museo do Prado. Collimos o metro ata Atocha e dende alí camiñando ó Prado. Chegamos con dez minutos de adianto. O museo é enorme, e non se pode ver todo nun día, senón ó final, non sabes nin o que estás a ver. Visitamos as salas de Goya, Velázquez, O Greco e O Bosco. Sinceramente, as láminas e as fotos dalguns cadros non dín nada do que realmente impresionan na realidade. Si podedes ir, non dubidedes. O seguinte paso é tomar a primeira cañita. Facemos cola para coller entradas para o Museo Thyssen e ver a exposición sobre Modigliani. As conseguimos pero para ás 14:15 horas, así que, para facer tempo, paseamos un pouco, pasamos por diante dos leóns do Congreso dos Diputados, outra cañita, e voltamos ó Thyssen. A exposición de Modigliani e pequena pero moi interesante, e ademáis, atópase dividida en dous edificios, o Thyssen e na Fundación de Caixa Madrid, que fumos visitar despois de comer un bocata de calamares na Plaza Maior. Parada na Chocolateria Valor e merco o segundo autoregalo nunha tenda de discos de segunda man. Imos para casa e, unha longa siesta. Hoxe temos invitada a cear, a nosa amiga da capital. Maña voltamos á casa.

P.D.: Hoxe non hai fotos. Nos museos non se poden sacar fotos. He,he,he.........

17/3/08

BALDOSA 75: MADRID 03






E seguimos ca crónica das nosas andanzas na capital. Hoxe comezamos collendo o metro na Plaza de España cara a Estación de Atocha. Recorrimos a estación,e o seu parque interior. Saímos da estación, primeira cañita e tiramos cara o Museo de Arte Contemporáneo Reina Sofía. Facemos cola, compramos as entradas (6€ cada unha) e visitamos a exposición de Picasso, catro salas enormes cheos de pinturas, bocetos, esculturas, e como non, o Guernica. Saímos a comer. Esta vez menú do día (9´20€ por cabeza) no resturante Mora, no Paseo do Prado 32. Comimos moi ben, incluida cañita de Estrella Galicia. Subimos polo Paseo do Prado e visitamos o edificio do Caixa Forum. Merece a pena visitalo, ver a cubierta de ferro e tomar un café na súa cafetería no último piso, eso sí, subide pola escaleira. Seguimos ata a Rúa Goya e visitamos a exposición Bodies, exposición sobre o corpo humano con cadáveres e órganos reais, impresionante, (17´50€ a entrada). Baixamos un pouco polo Paseo do Prado e cafecitos no famoso Café Gijón (atención, prezos "europeos"). Non vemos a ninguén famoso nel. Voltamos ata rúa Fuencarral e Hortaleza a mirar tendas. Primer incidente, teléfono mobil desaparecido da mochila. Volta a casa pasando polo super para facer a cea.