9/12/08

BALDOSA 143: OVO DE PASCOA

Ovo de Pascoa virtual é unha mensaxe oculta, ou unha capacidade escondida, contido nun obxeto, como unha película, un disco compacto, DVD, programa informático, ou videoxogo. A orixe do termo é a miudo atribuido falsamente á película O regreso dos mortos vivintes, pero moito antes do lanzamento de ésta, o videoxogo de Atari: Adventure de 1978, contíña o primeir o ovo de pascoa virtual que se coñece, introducido polo programador Warren Robinett. Entre os programadores, parece que hai unha motivación en deixar unha marca persoal, casi un toque artístico sobre un producto intelectual, que é por naturaleza estándar e funcional. Pero o motivo de Warren Robinett parece que foi o de obter recoñecimento polo seu traballo, porque nese entonces non se lles daba crédito ós programadores de videoxogos. É unha acción análoga á de Diego Rivera ó incluirse nos seus murais, ou a de Alfred Hitchcock colocándose como extra nas suas propias películas (o que logo chamarías cameo).
En informática, os ovos de pascoa son mensaxes, gráficos, efectos de son, ou cambios inusuais no comportamento dos programas, que prodúcense logo de introducir certos comandos no documentados, clics co rato, ou combinacións de teclas. Utilizouse inicialmente o término ovo de pascoa para describir as mensaxes ocultas no código obxeto dun programa por diversión, e que só podían encontrar aqueles que desensamblaban ou navegaban polo código.

Se queredes probar algúns, entrade en GOOGLE, e, no cadro de búsqueda e click en "vou ter sorte" poñedes:
Google L33t
Google gothic
Google easter eggs
Google bsd
Google linux

Estos para empezar, irei poñendo máis noutros post.

2 comentarios:

casadarriba dijo...

Tamén se pode probar, agora que macordo:

google black

Unknown dijo...

é verdade, non me acordaba desa