a todossssss,
ós da Estrada, Monforte, Barcelona, Dublin, Santiago de Compostela, Vilanova de Arousa, Coruña, Canarias, Ouzande, Cora, Lepe, Bullas, Illa de Arousa, Porto....
a todosssss,
FELICES FESTASSSS
A vida é unha longa viaxe por un camiño inacabable de baldosas amarelas cheo de desvios e cruces.......
De Ceminterios |
De Ceminterios |
De Ceminterios |
De Ceminterios |
De Ceminterios |
Manifesto "En defensa dos dereitos fundamentais en
Internet"
Ante a inclusión no anteproxecto de lei sobre a economía
sustentábel das modificacións lexislativas que afectan o
libre exercicio das liberdades de expresión, de información
e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os
xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores
de Internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e
declaramos que ...
1 .- Os dereitos de autor non poden estar por riba dos dereitos
fundamentais dos cidadáns, incluíndo o dereito á privacidade, a
seguridade, a presunción de inocencia, á tutela xurisdicional efectiva e
a liberdade de expresión.
2 .- A suspensión dos dereitos fundamentais é e debe seguir sindo unha
competencia exclusiva do Poder Xudicial. Nin un peche sen unha sentenza.
Este anteproxecto, ao contrario do disposto no artigo 20.5 da
Constitución, pon en mans dun corpo non xudicial, un organismo
dependente do Ministerio de Cultura, a potestade de poder impedir o
acceso dos cidadáns españois a calquera páxina web.
3 .- A nova normativa vai xerar inseguridade xurídica en todo o sector
tecnolóxico español, prexudicando unha das poucas áreas de
desenvolvemento e futuro da nosa economía, dificultando a creación de
empresas, introducindo barreiras á libre competencia, e trabando a súa
expansión internacional.
4 .- A nova lexislación proposta ameaza aos novos creadores e dificulta
a creación cultural. Coa Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos
democratízase drasticamente a creación e emisión de todo tipo de
contidos que xa non veñen principalmente das tradicionais industria
culturais, se non de moitas fontes distintas.
5 .- Os autores, como todos os traballadores teñen dereito a vivir do
seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades
relacionadas coas súas creacións. Tentar de soster con modificacións
lexislativas unha industria anticuada que non sabe adaptarse a ese novo
ambiente non é xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio baséase no
control das copias dos traballos e na Internet non é posíbel sen violar
os dereitos fundamentais, haberán que atopar un outro modelo.
6 .- Cremos que as industrias culturais precisan para sobrevivir de
alternativas modernas, eficaces, credíveles, accesíbeles e que atendan
os novos usos sociais, en vez de limitacións tan desproporcionadas coma
ineficaces para o fin que afirman perseguir.
7 .- Internet debe funcionar libremente e sen interferencias políticas
patrocinadas por grupos que buscan perpetuar modelos de negocio
obsoletos e impedir que o coñecemento humano siga sindo libre.
8 .- Demandamos que o Goberno asegure por lei a neutralidade da rede en
España, ante calquera presión que poda ocorrer, como un marco para o
desenvolvemento dunha economía realista e sustentábel para o futuro.
9 .- Propoñemos unha reforma real dos dereitos de propiedade intelectual
co fin de: retornar á sociedade o coñecemento, impulsar o dominio
público e limitar os abusos das entidades xestoras.
10 .- Nunha democracia as leis e as súas modificacións deben ser
aprobadas despois do debido debate público e de ter consultadas todas as
partes implicadas. É inaceptable que se fagan modificacións lexislativas
que afectan os dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que trata
de outro tema.
Parece que fuches muller na túa derradeira encarnación.
Teu signo zodiacal nesa vida era Libra.
Moi probablemente pasaches os derradeiros momentos da túa vida nalgún lugar preto de Ucrania, aproximadamente no ano 1753.
O nome polo que fuches coñecida nesa vida puido ser algo coma Nyura ou Yaryna.
É posible que a túa ocupación nesa vida fora algo relacionado ca artesanía, mecánica.
Muller revolucionaria. Inspiraches cambios nalgunha esfera - política, de negocios, relixiosa, etc. Probablemente unha líder.
A túa lección — desenvolver unha actitude amable cara as persoas, adquirir o don do entendimento e a compaisón.
FELICIDADES
Ese 9 de novembro de 1989, os berlineses levaron a cabo a destrucción do muro con tódolos medios que tiñan a súa disposición (picos, martelos, etc.). O virtuoso do violonchelo Mstislav Rostropovitch, exiliado na zona Oeste, foi ó pé do muro a animar ós que o demolían.
Posteriormente, o 21 de xullo de 1990, na Potsdamer Platz, realizouse o The Wall Live (Directo do disco El Muro de Pink Floyd), promovido por Roger Waters e ca participación de diversas estrelas do rock como Van Morrison, Scorpions, Cyndi Lauper, Bryan Adams, para apoiar á fundación Memorial Fund for Disaster Relief, creada para paliar os impactos de calquera guerra ou desastre natural, sobre todo en Europa.
Hoxe en día, aínda existen países que están a construir muros coma estes co pretexto da súa seguridade. Lede este artigo.
Samaín é unha festa de orixe celta, a máis importante do periodo pagano que dominou Europa ata a súa conversión ó cristianismo. É a celebración do final da tempada das colleitas e considerábase como o "Ano novo celta", que comezaba ca estación oscura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ó outro mundo. A súa etimoloxía é gaélica (samhain: 'fin do veran' ). Foi celebrada dende fai máis de tres mil anos polos pobos celtas que poblaron toda Europa (na Iberia, lugares como Galicia, o norte de Portugal, algunhas zonas de Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra, e en gran parte de León).
Dende o século V a Iglesia de Siria consagraba un día a festexar a "tódolos Mártires". Tres séculos despois o Papa Bonifacio IV (615) transformou un templo romano adicado a tódolos deuses (panteón) nun templo cristián, adicándolo ó "Día de tódolos Santos", a todos aqueles que os precederan na fe. A festa en honor de Tódolos Santos, celebrábase inicialmente o 13 de maio, pero foi o Papa Gregorio III (741) quen a cambió de data ó 1 de novembro, que era o día da "Dedicación" da Capela de Tódoos Santos naBasílica de San Pedro en Roma. Máis tarde, no ano 840 o Papa Grregorio IV ordenou que a Festa fose celebrada universalmente. Como festa maior, ésta tamén tivo a súa celebración vespertina na "vixilia" para preparar a festa ( 31 de outubro). Esta vixilia vespertina do día anterior á festa, dentro da cultura Inglesa: "All Hallow's Eve= Vixilia de Tódolos Santos ). Co paso do tempo a pronunciación cambiou primeiro a "All Hallowed Eve", posteriormente a "All Hallow Een" para rematar na palabra que hoxe coñecemos "Halloween" que rematou convertíndose nun festival puramente comercial.
Polo samain era costume baleirar nabos de grande tamaño –posteriormente cabazas- para porlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición –que se mantén aínda en Galicia- ten continuidade nas festas de Halloween, que poderían ter exportado aos Estados Unidos os irlandeses no século XIX e comezos do XX.
Para saber máis visita a Wikipedia.
O teu signo zodiacal nesa vida era Virxen.
Probablemente pasaches os derradeiros momentos da túa vida nalgún lugar preto da actual Portugal, aproximadamente no ano 1554.
O nome polo que fuches coñecida nesa vida pudo ser algo como Maureo ou Vicente.
É posible que a túa ocupación nesa vida fora algo relacionado con cantante, músico, xoglar.
Tipo revolucionario. Inspiraste cambios nalguna esfera - política, de negocios, relixiosa, etc. Probablemente un líder.
A túa principal tarefa — facer o mundo máis bo. Os desertos físicos e espirituais están simplemente esperando o teu toque. Sigue sorrindo!