31/10/09

BALDOSA 249: SAMAIN


Samaín é unha festa de orixe celta, a máis importante do periodo pagano que dominou Europa ata a súa conversión ó cristianismo. É a celebración do final da tempada das colleitas e considerábase como o "Ano novo celta", que comezaba ca estación oscura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ó outro mundo. A súa etimoloxía é gaélica (samhain: 'fin do veran' ). Foi celebrada dende fai máis de tres mil anos polos pobos celtas que poblaron toda Europa (na Iberia, lugares como Galicia, o norte de Portugal, algunhas zonas de Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra, e en gran parte de León).

Dende o século V a Iglesia de Siria consagraba un día a festexar a "tódolos Mártires". Tres séculos despois o Papa Bonifacio IV (615) transformou un templo romano adicado a tódolos deuses (panteón) nun templo cristián, adicándolo ó "Día de tódolos Santos", a todos aqueles que os precederan na fe. A festa en honor de Tódolos Santos, celebrábase inicialmente o 13 de maio, pero foi o Papa Gregorio III (741) quen a cambió de data ó 1 de novembro, que era o día da "Dedicación" da Capela de Tódoos Santos naBasílica de San Pedro en Roma. Máis tarde, no ano 840 o Papa Grregorio IV ordenou que a Festa fose celebrada universalmente. Como festa maior, ésta tamén tivo a súa celebración vespertina na "vixilia" para preparar a festa ( 31 de outubro). Esta vixilia vespertina do día anterior á festa, dentro da cultura Inglesa: "All Hallow's Eve= Vixilia de Tódolos Santos ). Co paso do tempo a pronunciación cambiou primeiro a "All Hallowed Eve", posteriormente a "All Hallow Een" para rematar na palabra que hoxe coñecemos "Halloween" que rematou convertíndose nun festival puramente comercial.

Polo samain era costume baleirar nabos de grande tamaño –posteriormente cabazas- para porlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición –que se mantén aínda en Galicia- ten continuidade nas festas de Halloween, que poderían ter exportado aos Estados Unidos os irlandeses no século XIX e comezos do XX.

Para saber máis visita a Wikipedia.

No hay comentarios: