25/1/09

BALDOSA 156: FOISE CO VENTO

E despois do frío e das nevadas, chegou as rachas de vento á Estrada, cunha velocidade de máis de 120 km/h. A noite do venres foi unha pasada, pensaba que as fiestras do meu pisiño ían sair voando.
Poño unhas fotos dos estragos que fixo. Unha delas é o burato que deixou o castiñeiro centenario caído polo vento, unha pena, porque daba unhas castañas........ E as outras son o muro do campo de futbol da Baiuca (onde xoga o estradense c.f. ) e vaias publicitarias caídas.







5 comentarios:

casadarriba dijo...

Faltouche o cartel deitado (dos sumidoiros, ou non sei que...) na entrada de OU... O QUE PASA É QUE COMO TIÑAS QUE IR Á CAPITAL...

Alex dijo...

miña nai queridiña.... pero eso foron ventos ou un furacán? Por aquí tamen pegou de carallo... o meu paraguas quedou fino...

Unknown dijo...

Hahahaha, casadarriba, xa sabe que eu sonche da cidade, e non vou a ningún sitio que non estea no tomtom ou non teña autoestradas.........

pequenotroiteiro, xa ves, aquí levamos un inverno de caral......

manueldetopete dijo...

PERDOA curracho, pero o cartel da entrada de ouzande está tecnicamente nos arrabaldes de ouzande, na estrada, máis concretamente na rúa Pérez Viondi... se non es capas de cubrir informativamente o que pasa no casco urbano das aforas de ouzande pois non demostras moita capacidade oporativa para recoller información, mira para os da TVG que seica que mentres as tv españolas reducen cadro de persoal na fin de semana estes emitiron pormenorizadamente todo canto carballo e castiñeiro caeu por Ghaliza adiante, e con tres pantallas simultáneas e reporteiros ao pé da aurelita caída...

casadarriba dijo...

ala onde haxa unha uralita tirada, alá estará anosatele...