E seguimos de festa. Onte á noite tocou ir á procesión de Gundián. É unha procesión onde a Virxe da Magdalena sae da igrexia e lévanna ata a capela de Gundián, eso sí, andando e ata o alto do monte. E como non, ó chegar, hai que repor forza comendo un pouco de churrasco e polbo (hehehehe), e de postre, rosquillas. Esquecía dicir que esta procesión é de noite e acompañada con fogos de artificio, que este ano estiveron moi pero que moi ben, a miña noraboa á pirotecnia Penide. E para rematar, algunha foto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario