9/1/10

BALDOSA 276: A NEVE

Vou contar a odisea de onte cando fun a traballar. Coma tódolos días, saín da casa ás 7:45 da mañá. Aínda que estaba nevado, parecía que a estrada atopábase en relativo bo estado. Arranco e, sorpresa, na primerira curva, aparezo encima da acera. Non fun o único, as rotondas da saída da Estrada hacia Santiago, colapsadas e con varios accidentes. Chamo ó xefe para dicirlle que chego tarde a traballar, cálmome, arranco e volvo á estrada. Dou un rodeo para evitalas rotondas e por fin vou camiño ata o traballo. Chegando ó lugar de Baloira, e na curva anterior á recta, fila de coches na cuneta. Coche que toma a curva, coche que termina na cuneta. Toca aparcar e esperar. Chamo ó xefe e informo da situación. Son ás 8:35 da mañá. Coma eu, un cento de coches parados. Nestes casos, sempre hai alguén que creese máis que os demáis e segue o camiño, resultado, coche á cuneta. ( Meu Deus, estou sen tabaco, parado na estrada, un frío que pela.....). Nesta situación, toca falar cos demáis conductores e intentar conseguir un pitillo (que moi amablemente conseguín). Sobre as 9:15 chega protección civil, axuda a uns coches que non eran capaces de subir pola recta de Baloira e atopábanse parados en medio da estrada, e informanos de que o camión ca sal chegará nuns 20 minutos. Son ás 10:25 da mañá e chega o camión. Toma a curva e........... crúzase na estrada..... e case se leva un coche por diante¡¡¡¡¡¡. Conseguen enderezar o quitaneves e segue o seu camiño botando sal. Esta comenza a facer a súa función e o xeo comenza a desaparecer. Son ás 11 da mañá e chego o traballo.

De blog


Esta foto feita co teléfono ,é do primeiro atasco, onde acabei sobre a acera.

2 comentarios:

manueldetopete dijo...

parabéns ao Sr Louzán por acordarse de botar sal nas estradas da Excelentísima Deputacion Provincial de Pontevedra, grazas a el algúns levaron algún susto e o coche... no taller
el sempre xerando emprego...

Alex dijo...

joder, nin que estiverades aqui ajjajajajaja aqui pasa exactamente o mesmo! :D