Ninguén pon en dúbida que o Xacobeo é un motor turístico en Santiago de Compostela. Miles de persoas chegan peregrinando a través das diferentes rutas. Din que a emoción que teñen estes peregrinos cando chegan a Santiago, é inexplicable. Unha explosión de sentimentos íntimos ó chegar a meta.
Mais o menos, como a explosión de sentimentos que tiven ahí atras, cando tomando un café na Praza da Quintana, comezaron a chegar un grupo de rapaces cantando e acompañados dun grupo de monxas. A paz que se respiraba na praza foi interrumpida por eses cantos relixiosos e guitarras. En verdade pensei que retrocedera no tempo e que volvera ós anos 70.
Aquí a foto de tan singular acontecemento.......
2 comentarios:
amén
serían os mesmos que taban facendo "botellón" en Silleda, ben sabido é que as experiencias relixiosas precisan da súa preparación...
Publicar un comentario