Como moitos días, despois de xantar, vou tomalo café, ler o xornal e, despois, facelo sudoku. No xornal Faro de Vigo, o sudoku atópase nas derradeiras páxinas pegado o horóscopo, así que, cando o remato, leo o meu. Isto é o que poñía hoxe, 28 de agosto de 2009.
"Piscis. 16 febrero ó 20 de marzo. O peor que poderías facer neste día é permanecer tumbado no sofá co mando" ( O traduzo ó galego, na versión orixinal está en castelán, pero a tradución é exacta.)
SEN PALABRAS.....................
A vida é unha longa viaxe por un camiño inacabable de baldosas amarelas cheo de desvios e cruces.......
28/8/09
24/8/09
BALDOSA 227: GRIPE A1 (H1N1)
Esta reportaxe está colgado na internet. Vale a pena velo, e despois, sacade cada un de vos a vosa opinión. Non sei canto ten de verdade, pero alomenos faime pensar sobre moitas cousas.
21/8/09
BALDOSA 226: RAMADÁN
Hoxe á noite comeza o Ramadán. O Ramadán (en árabe رَمَضَان ramaḍān) é o noveno mes do calendario musulmán, coñecido internacionalmente por selo mes no que os musulmáns fan xaxún diario ( abstinencia total de todo aquilo que rompa a meditación, ben sexa comer, beber, relacións sexuais..... e tamén de todo o que sexa mala palabra, mal acto ou mal pensamento. ) dende o mencer ata que o sol se pon. A diferencia co noso calendario, o calendario musulmán é lunar. Os meses comezan no primeiro cuarto crecente despois da lúa nova, é dicir, un par de días despois desta, polo tanto este ano coincide dende o 22 de agosto ata o 10 de setembro. Dicir que segundo este calendario, estamos no ano 1430 ( anos que fai da emigración (Hégira) de Mahoma dende A Meca ata Medina).
17/8/09
BALDOSA 225: SERVICIO TÉCNICO
A finais de xullo, tiven un problema co meu Mac. Comenzou a non funcionar o "a", despois o "s" e despois todo. Todo de todo, ata o boton de encendido.
Ó non podelo encender, imposible facer copia de seguridade do disco duro. Con este panorama, tocaba levalo ó servicio técnico. E alá fun. Leveino á tenda onde o mercara. Alí dinme que tardaría uns 20 días. 20 DÍAS !!!!!!!!!!. Primer pensamento: (20 días, pero como entramos en agosto, as vacacións,...... merda, ata setembro non o teño). Con resignación, deixoo e aviso de que non puiden facer copia de seguridade, así que, por favor, non borrar nada do disco, que o problema só é o teclado, que o cambien e xa está. O dependente, despois de dicirme que o servicio técnico non fai copias de seguridade dos datos e que ó mellor o poñen a punto.... Segundo pensamento: ( Merda, alá vai tódolos meus arquivos, fotos, traballos........, pero para que carall..... van tocar o disco duro si só é o teclado, que xa mirei nos foros da internet e atopei a moita xente que lle pasou o mesmo....)
Vale, deixoo, pero por favor pon una notiña para o servicio técnico para que non toquen o disco duro. O dependente anótao na folla do servicio técnico pero pon cara de," total, van facer o que eles queiran e non van facer caso do que poño eu aquí".
Volvo a casa e Tercer pensamento: ( Aínda está en garantía, pero, cobraránme algo por cambialo teclado?, porque se me van cobrar moito, non será millor mercar un novo e usalo outro para pezas?)
XA O TEÑOOOOOOOOOO. Antes dos 20 días e con teclado novo e NON TOCARON O DISCO DUROOOOOO, teñoo todo.............., e entrou na garantía, non paguei nadaaaaaaaaaaaa
Así que, dende aquí mi máis NORABOA Ó SERVICIO TÉCNICO DE APPLE e moits, moitas, moitas GRACIAS....................

12/8/09
BALDOSA 224: AS PERSEIDAS
Esta madrugada, se non podes durmir, anímote a que mires cara o ceo e disfruta do espectáculo das Perseidas ou bágoas de San Lourenzo.
As bágoas son partículas producidas polo cometa "Swift-Tuttle", que, coma tódolos cometas, van perdendo masa cando se acercan o Sol. Tódolos anos, sobre o 11-13 de agosto, a órbita da terra cruza unha nube destas partículas, o que produce a choiva das Perseidas, chamado así porque parece que todas proceden da constelación de Perseo. O de bágoas de San Lourenzo é porque o 10 de agosto é a festividade deste Santo.
E recorda que, por cada estrela fugaz que vexas, podes pedir un desexo.

11/8/09
BALDOSA 223. A MIÑA TÍA
Hoxe, lendo o xornal Tierras de Santiago, entérome dun gran xirasol que a miña tía Mercedes tén na súa horta.
http://www.tierrasdesantiago.com/index_3.php?idMenu=323&idNoticia=456802
Esa é unha gran noticia, (ten 3 metros de alto), pero o que máis me chamou a atención é a derradeira parte do artigo, onde dí que a miña bisavoa era unha gran poeta. Eu xa tiña oído esta faceta dela (a miña nai mo tiña dito) , pero nunca lín nada dela. Vou ter que pedirlle a miña tía que me deixe ler eses poemas.
Un saudo Mercedes.....

7/8/09
BALDOSA 222: OUTRA FIN DE SEMANA MAIS
6/8/09
BALDOSA 221: SAN PAIO. ANO?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)