A vida é unha longa viaxe por un camiño inacabable de baldosas amarelas cheo de desvios e cruces.......
21/8/09
BALDOSA 226: RAMADÁN
Hoxe á noite comeza o Ramadán. O Ramadán (en árabe رَمَضَان ramaḍān) é o noveno mes do calendario musulmán, coñecido internacionalmente por selo mes no que os musulmáns fan xaxún diario ( abstinencia total de todo aquilo que rompa a meditación, ben sexa comer, beber, relacións sexuais..... e tamén de todo o que sexa mala palabra, mal acto ou mal pensamento. ) dende o mencer ata que o sol se pon. A diferencia co noso calendario, o calendario musulmán é lunar. Os meses comezan no primeiro cuarto crecente despois da lúa nova, é dicir, un par de días despois desta, polo tanto este ano coincide dende o 22 de agosto ata o 10 de setembro. Dicir que segundo este calendario, estamos no ano 1430 ( anos que fai da emigración (Hégira) de Mahoma dende A Meca ata Medina).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario