28/12/10

BALDOSA 383: ERE NO PORTAL 002

E continuamos co noso ERE:

Reices Magos: Por suposto con un só reice é máis que suficiente para levar o ouro, o incienso e a mirra. Elimino dous reices, dous camellos e ós paxes. Posiblemente quede co reice negro para non ser acusado de racista, ademáis é posible que queira traballar sin que o demos de alta na seguridade social. Teño que estudar, tamén, a posibilidade de deixar tan só o incienso e a mirra e vender o ouro a un deses "merco ouro", e así reducir ó máximo a inversión en agasallos de empresa.

Mula e boi: A única función destes animais é a de dar calor. Esta función a fará unha fogueria, que gasta menos combustible e así manterei os nosos montes limpos, é a miña axuda ó medio ambiente. Farei un assessment center cos dous animais, e o que o supere traballará como animal de carga no servicio de loxística citado no anterior post, é o que se chama reestructuración do persoal.

San Xosé e a Virxen María: Está máis que demostrado que o traballo que fan ambos no portal pode ser desempeñado por unha soa persoa, e evito dúas baixas de maternidade/paternidade. Por razóns de paridade, quedo ca Virxen María e, lamentablemente, temos que despedir a San Xosé (co que tragara o home nesta empresa)

O neno Xesús: A pesar da súa xuventude, ten moito potencial, e ademáis parece ser que o seu pai é un peixe gordo. O manterei como becario cun soldo de merda ata que demostre o que vale.

O Belén queda, pois, desta maneira: un pastor con ovellas nun cercado, un chinés cun comercio/pousada de 24 horas, Herodes e dous gardas , un paseante cunha mula (ou o boi) facendo repartos, o reice negro (ilegal), a Virxen e o neno.

Vai ser máis soso que outros anos, pero aforrei unha pasta.........

E se todos levan o mesmo uniforme........

2 comentarios:

Unknown dijo...

JAjajajajajajaaaaaaaaaaaaa......!!!! que bueno !!!!

manueldetopete dijo...

vamos por partes...
1º Ao rei q pos a traballar é o negro; un negro facendo o traballo de tres persoas, sen contrato... Racismo?
2º A Virxe María preñadiña enriba dunha burra e facendo o traballo de dúas persoas, sen dereito a baixa por maternidade... Sexismo?

mmm

Pon a un con papeis desenvolvendo o traballo da muller e do negro, así darás mellor imaxe...