Como moitos días, despois de xantar, vou tomalo café, ler o xornal e, despois, facelo sudoku. No xornal Faro de Vigo, o sudoku atópase nas derradeiras páxinas pegado o horóscopo, así que, cando o remato, leo o meu. Isto é o que poñía hoxe, 28 de agosto de 2009.
"Piscis. 16 febrero ó 20 de marzo. O peor que poderías facer neste día é permanecer tumbado no sofá co mando" ( O traduzo ó galego, na versión orixinal está en castelán, pero a tradución é exacta.)
SEN PALABRAS.....................
4 comentarios:
veche que nin pintado... sendo venres, puidendo sair, tomar o pulpo... home por diosssss....
Pos claro que sí,ó horóscopo hai que facerlle caso.
Correctione:
onde di "O traduzo ó galego, na versión orixinal está en castelán, pero a tradución é exacta"
debe dicir
"Tradúzoo ó galego, na versión orixinal está en castelán, pero a tradución é exacta".
Explicación:
os pronomes átonos non comezan oracións en lingua galega, acostuman ir desposis dos verbos, só van antes en casos moi concretos...
Hai tantas maneiras de mete-la pata!
Publicar un comentario